8 may 2010

UN CAZADOR CAZADO

O mércores 5 de maio retomamos por fin o libro "Un cazador cazado" despois da interrupción pola visita sorpresa para o noso club de Susana Lamela.

A verdade é que todos quedamos encantadísimos con este libro a pesar de que o comezo non foi fácil pola densidade, tanto en número de páxinas coma no contido da lectura.

Pouco a pouco fómonos enganchando ás aventuras desta pandilla de investigadores por un bo fin como era o de protexer aos animais respectando o medio natural.

Tamén tiña a súa parte cómica do personaxe máis lambón da historia coa súa adicción ao chocolate e aproveitando a ocasión non podían faltar as madalenas de masa de chocolate.

Para rematar canxeamos o libro polo próximo escollido que foi "Dragón Rock" de Xaquín Marín Formoso da editorial Casals e despedímonos ata a próxima xuntanza o 19 de maio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario