8 nov. 2010

DISFRUTAMOS DA LECTURA.``EL FEROZ TIGRE DE BENGALA´´

O 5 de novembro xuntámonos os alumnos de 6º de primaria para poñer en marcha o Club de Lectura do novo curso escolar.
Este ano cambiamos de coordinadora porque formouse outro club cos compañeiros de 4º e 5º e Sofía encárgase deles e nós con Chiti que foi profesora nosa cando tiñamos 5 anos.
Seguimos estando no club os mesmos nen@s do curso anterior, toda a clase de 6º ao completo: Clara, Paula, Lucía, Adrián, Andrea, Zulema, Brais, Alba M., María, Antía, Marta, Andrés, Uxía, Yago, Jonathan e Alba D.
Repartiuse o calendario coas datas das xuntanzas posteriores e o libro a leer que será "El feroz tigre de Bengala"dos autores Claudio Comini e Orazio Minneci da editorial Marenostrum. O xoves 25 opinaremos sobre este libro.






19 oct. 2010


Este curso houbo moita demanda de alumnos e alumnas para participar no club de lectura, por iso imos formar dous clubs.

A profesora Chiti dinamizará a un grupo de17 rapaces e rapazas de 6º curso e a profesora Sofía dinamizará a outro grupo de 15 rapaces e rapazas de 4º e 5º curso.

A primeira xuntanza será para poñer en marcha os clubs.

Datas e horas.
Club de 4º e 5º. O mércores 28 de outubro na hora de lectura.
Club de 6º. O xoves 29 de outubro na hora de lectura.











22 may. 2010

MERCORES 19 DE MAIO

Hoxe non foi un bo día para o noso club, pois o libro escollido non foi do agrado esperado e incluso moitos non tivemos a motivación necesaria para rematalo.
A pesar de non poder comentar moitas cousas da lectura, si fixemos comparacións coa vida cotiá, chegando á conclusión de que non sempre todo vai ser agradable e do noso gusto, o que non significa que debamos abandonar e desanimarnos sen rematar o que se empezou. Xa que emprendemos todos unha nova viaxe con cada libro non podemos tirarnos pola borda ante unha marexada.
Por maioría eleximos o libro "As bruxas esdrúxulas" de Ana Mº Fernández da editorial Casals que comentaremos na penúltima sesión o vindeiro 2 de xuño.


8 may. 2010

UN CAZADOR CAZADO

O mércores 5 de maio retomamos por fin o libro "Un cazador cazado" despois da interrupción pola visita sorpresa para o noso club de Susana Lamela.

A verdade é que todos quedamos encantadísimos con este libro a pesar de que o comezo non foi fácil pola densidade, tanto en número de páxinas coma no contido da lectura.

Pouco a pouco fómonos enganchando ás aventuras desta pandilla de investigadores por un bo fin como era o de protexer aos animais respectando o medio natural.

Tamén tiña a súa parte cómica do personaxe máis lambón da historia coa súa adicción ao chocolate e aproveitando a ocasión non podían faltar as madalenas de masa de chocolate.

Para rematar canxeamos o libro polo próximo escollido que foi "Dragón Rock" de Xaquín Marín Formoso da editorial Casals e despedímonos ata a próxima xuntanza o 19 de maio.

22 abr. 2010

VISITA DE SUSANA LAMELA
















Aproveitando a visita ao noso cole da escritora SUSANA LAMELA fixemos un alto na lectura do noso libro. Días antes os nenos de 2º prestáronnos os seus libros de "Soños de Andel" para lelos pois era unha pena non aproveitar esta oportunidade para o noso club.


Reunímonos con Susana na biblioteca e contounos como e cando naceu o seu libro, falamos da protagonista e comparamos as súas vivencias coas nosas na vida real.
Moi amablemente Susana firmou algúns dos debuxos e frases significativas que fixemos para ter de recordo.

Non faltaron as madalenas de Sofía, desta vez con tropezóns de chocolate.

GRAZAS SUSANA POLOS TEUS CONSELLOS...

9 abr. 2010

2ª XUNTANZA DO CLUB

Despois de ler o libro nas vacacións de Semana Santa, xuntámonos na biblioteca o 7 de abril na "Hora de Ler".
Para facer aínda máis agradable esta xuntanza, Sofía fíxonos unhas riquísimas madalenas que compartimos entre todos. Estában boísimas!
Este día comentamos as frases máis divertidas do libro, o caracter e personalidade das personaxes, así coma as anécdotas máis simpáticas. Todos coincidimos en que a linguaxe empregada por Nicolás e os seus amigos non era a máis axeitada, demasiadas palabrotas e comportamentos caprichosos e infantís.
Para finalizar escollemos o seguinte libro: "Un cazador cazado" de Stefan Wolf (Susaeta).
Quedamos en ler do capítulo 1 ao 8 para comentalos despois na seguinte sesión o mércores 21 de abril.
Aquí tedes as primeiras fotos deste club.




27 mar. 2010

POSTA EN MARCHA DO CLUB DE LECTURA



O xoves 25 de marzo de 2010 tivemos a primeira xuntanza do club de Letura. Ese día informouse sobre a finalidade do club e sobre un dos obxectivos principais: PASAR UN RATO AGRADABLE COMPARTINDO LETURAS E AVENTURAS!

Embárcanse nesta aventura:
Clara, Paula, Lucía, Adrián, Alba Díaz, Yago, María, Alba Martínez, Marta, Brais, Andrea, Alexandra, Zulema, Uxía,Antía, Sofía e Alicia.

A continuación fíxose entrega do material: carpetiña, libreta, bolígrafo, marcapáxinas, pegatina da mascota de biblioteca e ficha de inscrición.

Finalmente escollemos entre todos o primeiro libro:
"As vacacións do pequeno Nicolás" de Senpé Goscinni (Alfaguara)
o cal poremos en común e comentaremos na vindeira xuntanza, o 7 de abril