22 abr 2010

VISITA DE SUSANA LAMELA
















Aproveitando a visita ao noso cole da escritora SUSANA LAMELA fixemos un alto na lectura do noso libro. Días antes os nenos de 2º prestáronnos os seus libros de "Soños de Andel" para lelos pois era unha pena non aproveitar esta oportunidade para o noso club.


Reunímonos con Susana na biblioteca e contounos como e cando naceu o seu libro, falamos da protagonista e comparamos as súas vivencias coas nosas na vida real.
Moi amablemente Susana firmou algúns dos debuxos e frases significativas que fixemos para ter de recordo.

Non faltaron as madalenas de Sofía, desta vez con tropezóns de chocolate.

GRAZAS SUSANA POLOS TEUS CONSELLOS...

9 abr 2010

2ª XUNTANZA DO CLUB

Despois de ler o libro nas vacacións de Semana Santa, xuntámonos na biblioteca o 7 de abril na "Hora de Ler".
Para facer aínda máis agradable esta xuntanza, Sofía fíxonos unhas riquísimas madalenas que compartimos entre todos. Estában boísimas!
Este día comentamos as frases máis divertidas do libro, o caracter e personalidade das personaxes, así coma as anécdotas máis simpáticas. Todos coincidimos en que a linguaxe empregada por Nicolás e os seus amigos non era a máis axeitada, demasiadas palabrotas e comportamentos caprichosos e infantís.
Para finalizar escollemos o seguinte libro: "Un cazador cazado" de Stefan Wolf (Susaeta).
Quedamos en ler do capítulo 1 ao 8 para comentalos despois na seguinte sesión o mércores 21 de abril.
Aquí tedes as primeiras fotos deste club.